Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2022 Páx. 13685

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

A Orde do 10 de febreiro de 2012, modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia, fixa as disposicións de carácter xeral que regulan esa proba e establece que será convocada anualmente pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional mediante resolución.

A Orde do 19 de abril de 2018 pola que se regulan aspectos relativos á organización das materias do bacharelato establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, para os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, establece a obrigatoriedade de cursar a materia de Historia da Filosofía no segundo curso de bacharelato da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, o que exixe facer cambios na estrutura da proba prevista no artigo 10 da Orde do 10 de febreiro de 2012.

En consecuencia, e ao abeiro da autorización que figura na disposición derradeira primeira da mencionada orde,

RESOLVO:

Primeira. Obxecto e ámbito de aplicación

A presente resolución ten por obxecto convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2022 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento administrativo ED534A) e determinar as condicións en que se realizará.

Segunda. Finalidade da proba

A proba ten por finalidade verificar se se alcanzaron os obxectivos do bacharelato, establecidos no artigo 33 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, así como os fixados nos aspectos básicos do currículo recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira. Modalidades

1. A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais.

2. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titularen pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio conforme o establecido na segunda parte do anexo III da presente resolución.

Cuarta. Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes

Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou facer esa idade no ano 2022.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2021/22.

Quinta. Prazo, lugar e forma de presentación das solicitudes de inscrición e documentación complementaria

1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022.

2. As persoas aspirantes poderán inscribirse nos dous exercicios que integran a proba ou nun deles.

3. As solicitudes de inscrición deberán presentarse presencialmente nos centros educativos sinalados no número 4 desta epígrafe e en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

4. Os centros educativos onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:

a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15003 A Coruña.

b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.

5. Cando proceda, xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación complementaria, que se presentará presencialmente nos centros educativos sinalados no número 4 desta epígrafe ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común:

a) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

b) Certificado de residencia no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II por proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro, nos termos establecidos polo artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio.

c) Certificacións académicas ou copia do libro de escolaridade e/ou historial académico onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sexta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI ou NIE da persoa solicitante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

• Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Sétima. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

3. No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Oitava. Listaxes de persoas admitidas e prazos de reclamacións

1. O día 18 de marzo de 2022 publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, con expresión neste último caso das causas que motivaron a exclusión.

2. Xunto coa listaxe de persoas admitidas e excluídas sinalaranse para cada persoa aspirante os exercicios en que figura inscrita, con indicación, se é o caso, da nota correspondente aos exercicios validados e a concesión ou denegación da exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.

3. Unha vez publicadas as listaxes (anexo II), as persoas interesadas disporán de dez días para presentar, mediante escrito motivado e dirixido á dirección do centro no cal se presentase a solicitude de inscrición na proba, as alegacións que consideren convenientes ou emendar as deficiencias detectadas na documentación achegada, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente nos centros educativos sinalados no número 4 da epígrafe quinta desta resolución ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

5. O día 5 de abril de 2022 publicarase a listaxe definitiva do alumnado admitido e excluído no portal educativo https://www.edu.xunta.gal

Novena. Realización da proba

1. A proba realizarase en Santiago de Compostela o día 29 de abril de 2022 no IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

2. Para a realización da proba as persoas candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Décima. Estrutura da proba

1. O primeiro exercicio será común ás distintas modalidades. Estruturarase en catro partes:

a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II.

b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II.

c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).

d) Cuarta parte: Filosofía e Historia de España.

2. O segundo exercicio (anexo V) terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. Estruturarase en tres partes:

a) Primeira parte. Proba correspondente ás materias troncais xerais propias de cada modalidade e itinerario elixidos. Para a modalidade de Ciencias realizaranse as probas das materias Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades realizaranse as probas das materias Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

b) Segunda parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción da modalidade elixida. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións:

1ª. Física e Química e Física.

2ª. Física e Química e Química.

3ª. Debuxo Técnico I e II.

Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante seleccionará unha entre as seguintes opcións:

1ª. Economía e Economía da Empresa.

2ª. Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.

3ª. Grego I e II.

c) Terceira parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción de modalidade elixida.

Para modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha entre as seguintes opcións:

1ª. Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.

2ª. Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.

Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante deberá realizar a proba correspondente ás materias de Literatura Universal e Historia da Filosofía.

Décimo primeira. Organización da proba

1. Entre as 8.15 e as 8.30 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba.

2. A sesión de mañá desenvolverase entre as 8.30 e as 14.30 horas e dedicarase á realización do primeiro exercicio. Organizarase en tres partes:

Parte 1, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse as probas correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II.

Parte 2, das 12.00 ás 13.30: realizarase a proba correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés).

Parte 3, das 13.30 ás 14.30 horas: realizaranse as probas de Filosofía e Historia de España.

3. A sesión de tarde desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas e dedicarase á realización do segundo exercicio. Organizarase en tres partes:

Parte 1, das 16.30 ás 18.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades realizaranse as probas de Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

Parte 2, das 18.00 ás 19.00 horas: para a modalidade de Ciencias realizaranse as probas de Física e Química e Física, as de Física e Química e Química e as de Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais realizaranse as probas de Economía e Economía da Empresa, as de Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía e as de Grego I e II.

Parte 3, das 19.30 ás 20.30 horas: para a modalidade de Ciencias realizaranse as probas de Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía e as de Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais realizaranse as probas de Literatura Universal e Historia da Filosofía.

4. As persoas aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:

a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.

b) Nas materias de Latín e Grego, dicionario desas linguas.

c) Na materia de Debuxo Técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.

d) Na materia de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, regra, escuadro ou cartabón.

5. As persoas aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfonos móbiles, reloxos intelixentes nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou de transmisión de datos.

Décimo segunda. Tribunais

1. Para avaliar e supervisar a proba, a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional designará un tribunal composto por un presidente ou unha presidenta titular e catro vogais titulares; designará, así mesmo, un presidente ou unha presidenta suplente e catro vogais suplentes (anexo XI).

2. Poderanse constituír comisións técnicas integradas por funcionarios e funcionarias dos corpos de catedráticos/as de ensino secundario e/ou de profesores/as de ensino secundario especialistas nas distintas materias que compoñen a proba, para os efectos de colaboración co tribunal na aplicación e na corrección dos exercicios da proba.

3. Á vista das persoas aspirantes inscritas (anexo IV), a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional poderá establecer outros tribunais de seren necesarios para a realización da proba.

Décimo terceira. Validacións

As persoas aspirantes poderán solicitar a validación dos exercicios da proba de acordo co establecido no artigo 13 da Orde do 22 de decembro de 2016, que modifica a Orde do 10 de febreiro de 2012 pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia, e no anexo III desta resolución.

Décimo cuarta. Cualificacións provisionais e reclamacións

1. O día 11 de maio de 2022 farase pública a listaxe provisional das persoas avaliadas coas cualificacións positivas, por exercicios, no portal educativo https://www.edu.xunta.gal

2. Contra estas cualificacións poderase presentar reclamación por escrito dirixida á presidencia do tribunal nos tres días hábiles posteriores á publicación das cualificacións.

3. A reclamación presentarase na secretaría do centro onde se realizou a proba ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Ademais, poderase adiantar o envío por correo electrónico ao enderezo educadultos@edu.xunta.gal

Décimo quinta. Resolución

1. Resoltas as reclamacións, o día 19 de maio de 2022 publicarase a listaxe coas cualificacións definitivas no portal educativo https://www.edu.xunta.gal

2. Contra estas cualificacións poderase interpoñer no prazo de un mes recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, que esgotará a vía administrativa.

Décimo sexta. Superación da proba

A proba considérase superada cando se obteña unha cualificación global igual ou superior a cinco puntos en cada un dos dous exercicios que a compoñen (anexo IX).

Décimo sétima. Conservación da cualificación dun exercicio superado

As persoas que non superen a proba na súa totalidade poderán manter a cualificación obtida no exercicio superado para sucesivas convocatorias (anexo VIII).

Décimo oitava. Propostas para a obtención do título de bacharel

As persoas aspirantes que superen a proba recibirán, logo de solicitude, o título de bacharel na modalidade correspondente.

Décimo novena. Certificación

1. A acta de avaliación (anexo VI) recollerá os resultados de cada un dos exercicios e, se é o caso, a validación destes.

2. O tribunal deixará tamén constancia das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes nas diferentes partes do segundo exercicio, correspondente ás materias propias de cada modalidade (anexo VII), para os efectos da certificación mencionada no número 3 desta epígrafe.

3. As persoas que superen a proba poderán solicitar unha certificación das cualificacións obtidas en cada unha das partes do segundo exercicio, para xuntala á documentación de solicitude de prazas en ensinanzas de ciclos de formación profesional de grao superior. O tribunal expedirá esa certificación segundo o modelo do anexo X.

4. As certificacións que se soliciten con posterioridade ao proceso de avaliación da proba serán asinadas polo director ou directora e polo secretario ou secretaria do centro onde se realizou a proba.

Vixésima. Publicación e información

1. A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal

2. A listaxe coas cualificacións provisionais e definitivas publicarase no portal educativo https://www.edu.xunta.gal

Disposición adicional primeira. Efectos económicos do tribunal e das persoas asesoras especialistas

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, o tribunal e as comisións técnicas ateranse á categoría correspondente que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Disposición derradeira primeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2022

Lista de persoas aspirantes admitidas

Apelidos e nome

Inscrito/a para realizar

o exercicio

Validación do exercicio I coa cualificación seguinte

(2)

Validación do exercicio II coa cualificación seguinte na modalidade de

Exención de Lingua Galega

(3)

I

(1)

II

(1)

Humanidades e Ciencias Sociais (2)

Ciencias

(2)

Artes

(2)

(1) Indíquese cunha cruz [X] a proba ou probas en que a persoa aspirante está inscrita.

(2) Cualificacións: nota numérica entre 5 e 10.

(3) Indíquese SI no caso de que se concedese unha exención solicitada e NON no caso contrario.

ANEXO II

(segunda parte)

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2022

Lista de persoas aspirantes excluídas

Apelidos e nome

Razón da exclusión

ANEXO III

Validación de exercicios da proba por grupos
de materias superadas no bacharelato

Primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais

Materias xerais superadas no bacharelato

Validación na proba

Lingua Galega e Literatura I e II

Lingua Castelá e Literatura I e II

Primeira Lingua Estranxeira I e II

Filosofía

Historia de España

Primeiro exercicio

Segundo exercicio: materias xerais propias e materias troncais de opción de cada modalidade.

(As persoas aspirantes que teñan superada unha materia doutra modalidade diferente á elixida deberán ter superadas dúas materias de 2º curso da modalidade elixida).

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

CIENCIAS

Materias superadas

Validación na proba

Materias superadas

Validación na proba

As materias xerais propias da modalidade e itinerario elixidos:

Segundo exercicio

As materias xerais propias da

modalidade:

Segundo

exercicio

HUMANIDADES

CIENCIAS SOCIAIS

– Matemáticas I

– Matemáticas II

– Latín I e II

– Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso. *De segundo curso, obrigatoriamente, deberase ter superada a materia de Historia da Filosofía):

– Economía

– Grego I

– Historia do Mundo Contemporáneo

– Literatura Universal

– Economía da Empresa

– Grego II

– Xeografía

– Historia da Arte

– Historia da Filosofía

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso):

– Bioloxía e Xeoloxía

– Debuxo Técnico I

– Física e Química

– Bioloxía

– Debuxo Técnico II

– Química

– Física

– Xeoloxía

*Agás aquel alumnado que nos cursos académicos 2016/17 e 2017/18, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, superou dúas materias de opción do bloque de materias troncais.

ANEXO III

(segunda parte)

ARTES

Materias superadas

Validación na proba

As materias troncais xerais propias da modalidade:

– Fundamentos da Arte I

– Fundamentos da Arte II

Segundo exercicio

E catro destas materias (dúas do primeiro curso e dúas do segundo curso):

– Cultura Audiovisual I

– Historia do Mundo Contemporáneo

– Literatura Universal

– Artes Escénicas

– Cultura Audiovisual II

– Deseño

ANEXO III

(terceira parte)

Validación do bloque de materias comúns e de modalidade da proba libre de bacharelato para persoas maiores de 20 anos ata o ano 2016 por bloques de materias xerais e de modalidade superadas a partir do ano 2017

Materias superadas

Validación na proba

Bloque de materias comúns superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Primeiro exercicio

Bloque de materias de modalidade superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Segundo exercicio

ANEXO IV

Número de persoas aspirantes inscritas para realizaren a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos (convocatoria de abril de 2022)

Centro ______________________________________________ Provincia __________

1º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

1º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

Inglés

Francés

2º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

2º EXERCICIO

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Nº de persoas aspirantes

CIENCIAS

Nº de persoas aspirantes

Parte 1

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Parte 1

Matemáticas (I e II)

Parte 2

Física e Química e Física

Latín (I e II)

Física e Química e Química

Parte 2

Economía e Economía da Empresa

Debuxo Técnico (I e II)

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Grego (I e II)

Parte 3

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Parte 3

Bioloxía e Xeoloxía

e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

ANEXO V

Materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos e materias troncais de opción

CIENCIAS

Parte 1:

Matemáticas (I e II)

Parte 2: escóllase unha destas tres opcións

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico (I e II)

Parte 3: escóllase unha destas dúas opcións

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Parte 1: escóllase unha destas opcións

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Parte 2: escóllase unha destas tres opcións

Economía e Economía da Empresa

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Grego (I e II)

Parte 3: escóllase esta única opción

Literatura Universal e Historia da Filosofía

ANEXO VI

Modelo de acta de avaliación

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2022 Folla número_____

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Datos estatísticos

1. Número de persoas aspirantes

2. Número de persoas aspirantes propostas para título

Número de orde

Apelidos e nome

Modalidade

[1]

Idioma

[2]

Cualificación

1º exercicio (Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais) [3]

Validación 1º exercicio (materias comúns) [3]

Cualificación 2º exercicio (materias xerais propias de cada modalidade e materias troncais de opción) [3]

Validación 2º exercicio (materias de modalidade) [3]

Nota final [4]

Titula [5]

1) Escríbase: HCSH (Humanidades e Ciencias Sociais: Humanidades); HCSCS (Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais); CC (Ciencias); ART (Artes).

2) Escríbase: I (Inglés); F (Francés).

3) Cualificacións: nota numérica entre 5 e 10, non superado (NS), non presentado (NP).

4) Nota final: media aritmética dos exercicios, expresada con dous decimais.

5) Titula: escribir SI ou NON.

A presente acta comprende................... persoas aspirantes e acaba con...........................................................................................................

............................................................, .......... de ............................................................... de 2022

Visto e prace O/a presidente/a Vogais O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VII

Modelo de lista de cualificacións de materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos e materias troncais de opción

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2022 Folla___ Número_____

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Modalidade de Ciencias

Número de

orde

Apelidos e nome

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Economía e Economía da Empresa

Grego I e II

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Matemáticas I e II

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico I e II

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(*) Cualificacións: nota numérica entre 0 e 10, sen decimais; non presentado (NP).

............................................................, .......... de ............................................................... de 2022

Visto e prace O/a presidente/a Vogais O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VIII

Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

– Orde do 10 de febreiro de 2012 modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016

– Resolución do ... de ... de 2022

CERTIFICADO

______________________________________________________,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2022, realizada no centro

__________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que

_____________________________________________________________________,

con DNI ___________________, superou (1)____________________

da proba coa cualificación que se expresa (2)__________.

(1) Indíquese «o primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais» ou «o segundo exercicio: materias xerais propias de cada modalidade e itinerario e materias troncais de opción». (2) Indíquese a cualificación correspondente.

______________________, ____ de _______________ de 2022

Visto e prace O presidente/a presidenta O secretario/a secretaria do tribunal

ANEXO IX

Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

– Orde do 10 de febreiro de 2012 modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016

– Resolución do ... de ... de 2022

CERTIFICADO

______________________________________________________,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2022, realizada no centro

__________________________________________ (consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que

__________________________________________, con DNI ____________, superou os dous exercicios que integran a proba na modalidade de (1) ____________________ coa cualificación que se expresa_____________ e que, unha vez aboadas as taxas correspondentes, será proposto/a para a expedición do título de bacharel.

(1) Indíquese a modalidade e itinerario. Escríbase: Ciencias; Humanidades e Ciencias Sociais: Humanidades; Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais; Artes.

______________________, ____ de _______________ de 2022

Visto e prace O presidente/a presidenta O secretario/a secretaria do tribunal

ANEXO X

______________________________________________________,

secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2022, realizada no centro ____________________________________

(consígnese centro e localidade)

CERTIFICA: que _____________________________________, con DNI ___________, obtivo as seguintes cualificacións no segundo exercicio, das materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario e materias troncais de opción:

MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

CUALIFICACIÓN *

MODALIDADE DE CIENCIAS

CUALIFICACIÓN *

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Matemáticas (I e II)

Latín (I e II)

Economía e Economía da Empresa

Física e Química e Física

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Física e Química e Química

Grego (I e II)

Debuxo Técnico (I e II)

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(*) Cualificacións: nota numérica entre 4 e 10, sen decimais.

______________________, ____ de _______________ de 2022

Visto e prace O presidente/a presidenta O secretario/a secretaria do tribunal

ANEXO XI

Tribunal

Titulares:

Presidenta titular: Isabel Serna Masiá, inspectora de Educación.

Vogal titular 1: Fernando Lojo Piñeiro, profesor de ensino secundario.

Vogal titular 2: Juan Carlos Fandiño de la Torre, profesor de ensino secundario.

Vogal titular 3: Lourenzo Álvarez Ruíz, profesor de ensino secundario.

Vogal titular 4: Ana María Staton Nogueira, profesora de ensino secundario.

Suplentes:

Presidenta suplente: Marina Armada Vigo, inspectora de Educación.

Vogal suplente 1: Francisco Javier Poch Gutiérrez, profesor de ensino secundario.

Vogal suplente 2: Mercedes Rodríguez Ruibal, profesora de ensino secundario.

Vogal suplente 3: José Manuel Piñeiro Mourín, profesor de ensino secundario.

Vogal suplente 4: Guillermo Reiriz Varela, profesor de ensino secundario.