Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2022 Páx. 13896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 7 de febreiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Nocelo, a favor dos veciños e veciñas de Nocelo, na parroquia de Sobreganade (San Mamede), no concello de Porqueira (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 23 de novembro de 2021, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Nocelo, a favor dos veciños e veciñas de Nocelo, na parroquia de Sobreganade (San Mamede), no concello de Porqueira (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 6 de novembro de 2019 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de varios veciños de Nocelo en que solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Monte de Nocelo.

Segundo. Con data do 21 de abril de 2021, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Monte de Nocelo.

Superficie: 76,16 ha.

Pertenza: veciños/as de Nocelo.

Parroquia: Sobreganade (San Mamede).

Concello: Porqueira.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Parcela A Cabadiña.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32063D50300530

Norte

32063D50309104

Leste

32063D50300529

Sur e oeste

32063D50300531

Parcelas O Outeiro, As Fontes e A Mouteira.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32063D50300546

32063D50301312

32063D50301313

Norte

32063D50300545

32063D50309036

Leste

32033A51709014

32033A07009001

Sur

32063D50309008

Oeste

32063D50301316

32063D50301315

32063D50301314

32063D50321306

32063D50311306

32063D50301311

32063D50309043

32063D50309104

Parcelas Os Barros e Vilariño.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32063D50301342

32063D50301343

32063D50301466

Norte

32063D50309011

32063D50301346

32063D50301341

32063D50301340

32063D50301337

Leste

32063D50301330

32063D50309008

32013A03309001

32013A03300382

32063D50309013

Sur

32063D50309020

32063D50301481

32017A00500782

32017A00500753

32017A00500784

Oeste

32063D50301467

32063D50309012

32063D50309020

32063D50301344

32063D50301345

Encravado

001401300NG95B (ermida do Carme)

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da dita lei, «son montes veciñais en man común (...) os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e estean sendo aproveitados consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspóndelle constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común; o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992 o 4 de setembro; o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e a demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Monte de Nocelo, a favor dos/das veciños/as de Nocelo, na parroquia de Sobreganade (San Mamede), no concello de Porqueira (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989; nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 7 de febreiro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense