Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2022 Páx. 13911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 3 de febreiro de 2022 relativa ao acto de conciliación formulada polos representantes dos montes veciñais en man común MVMC Castro Puxando e Tardeles, pertencente á CMVMC de Pardeconde, e o MVMC A Freca, pertencente á CMVMC de San Pedro, A Reboreda, Carbuíz e Espadanedo, no concello de Xunqueira de Espadanedo.

Examinada a solicitude de deslindamento formulada polos representantes do MVMC Castro Puxando e Tardeles, pertencente á CMVMC de Pardeconde, e o MVMC A Freca, pertencente á CMVMC de San Pedro, A Reboreda, Carbuíz e Espadanedo, no concello de Xunqueira de Espadanedo, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O dia 7 de febreiro de 2018 a CMVMC de Pardeconde presentou un escrito (entrada 678/RX 319365) no Rexistro da Xefatura Territorial do Medio Rural, Área Forestal de Ourense. Nel solicita que se tramite o deslindamento realizado entre o MVMC Castro Puxando e Tardeles e o MVMC A Freca, no concello de Xunqueira de Espadanedo.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

– Acta de deslindamento.

– Plano catastral sobre ortoimaxe a escala 1:14.000.

– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz de Xunqueira de Espadanedo.

– Certificacións de aprobación das dúas comunidades.

Segundo. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense de data 19 de outubro de 2021 fai constar que a documentación achegada corresponde ao deslindamento parcial do perímetro estremeiro entre o MVMC Castro Puxando e Tardeles, pertencente á CMVMC de Pardeconde, e o MVMC A Freca, pertencente á CMVMC de San Pedro, A Reboreda, Carbuíz e Espadanedo, desde o vértice 1 (o situado máis ao L) ata o vértice 4 (o situado máis ao O).

O citado informe considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Polo tanto, o Servizo de Montes propúxoselle ao Xurado a aprobación do deslindamento, ben que coas seguintes observacións:

– Obsérvase un erro material na coordenada X do vértice 1, xa que inclúe 7 cifras enteiras en lugar de 6 (X: 6.313.126,3). Cotexada a coordenada coa que figura no plano achegado, compróbase que a coordenada correcta é X: 613.126,3.

– O vértice 1 (situado nunha «rocha de gran tamaño») atópase nun terreo que non está clasificado como MVMC; polo tanto, unicamente servirá de referencia para establecer a dirección na liña de deslindamento, sen considerarse a totalidade do tramo 1-2 como límite entre MVMC.

Consideracións legais é técnicas:

Primeira. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segunda. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se deberá seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial en Man Común acordou por unanimidade o día 23 de novembro de 2021:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC Castro Puxando e Tardeles, pertencente á CMVMC de Pardeconde, e o MVMC A Freca, pertencente á CMVMC de San Pedro, A Reboreda, Carbuíz e Espadanedo, no Concello de Xunqueira de Espadanedo, de acordo coas consideracións realizadas no informe do Servizo de Montes do 19 de outubro de 2021.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 4 de febreiro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense