Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2021/295-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS e CT derivación ao CT Larache.

Situación: Vilaboa.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 273 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado existente HV-630/15 (A2KK3KJV//24-5) do tramo da LMT PSY8040637 existente na derivación ao CT Larache (36AI78) e final no CT proxectado. Instalación duns XS no apoio existente C-2000/16 (A2LA1Q6W//24-6) para protexer o CT Larache. Centro de transformación compacto prefabricado 2L1P de tipo manobra exterior de 250 kVA e relación de transformación de 20.000/400 V. As instalacións están situadas no lugar de Larache, na parroquia de Santa Cristina de Cobres, no concello de Vilaboa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/295-4.

Denominación: LMTS e CT derivación ao CT Larache.

Concello: Vilaboa.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Afeccións

ml sub.

m² aér.

m² sub.

1

Acabada

Agrario

36058A053002570000LD

Bibiana Regueira Fernández

1

16,81

3,74

14,73