Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2021/297-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: reforma LMTA LOZ803A no Marco.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: reforma da liña de media tensión aérea (LMTA) LOZ803A no tramo LOZ803A0130 coas seguintes actuacións:

1. Desmontaxe de 240 metros de condutor LA-80 e retirada de tres apoios de celosía e dous apoios de formigón.

2. Instalación de catro apoios de celosía: un C-2000/14, dous C-1000/14 e un C-2000/12.

3. Liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor tipo LA 110 de 240 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio proxectado C-2000/12.

As instalacións están situadas no lugar do Marco, no concello de Pontevedra.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro; DOG nº 5, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2021/297-4.

Denominación: reforma LMTA LOZ803A no Marco.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Prado de Abaixo

Agrario

36900A090001680000QL

José Ramón Farto Justo

3

1,44