Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Meis (expediente IN407A 2021/277-4).

Expediente: IN407A 2021/277-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: reforma da LMTA CBD807 Curro 7.

Concello: Meis.

Feitos:

Primeiro. O 27 de outubro de 2021, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de reforma da LMTA CBD807 Curro 7.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que a infraestrutura eléctrica consiste na reforma da liña de media tensión aérea CBD807 Curro 7 coa desmontaxe do apoio 9X5T22T8//70-16 e do tramo de liña aérea que forman os vans adxacentes ao dito apoio. Ademais, proxéctase a substitución de dous apoios, instalación doutro e o soterramento dun tramo da liña. As instalacións están localizadas no lugar de Pompeán, no concello de Meis.

Segundo. O 10 de novembro de 2021, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Meis e Telefónica de España, S.A.U. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado técnico emitido por Telefónica. O Concello de Meis non emitiu informe, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG nº 5, do 11 de xaneiro de 2021), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Desmontaxe do apoio 9X5T22T8//70-16 e do tramo da liña aérea que forman os vans adxacentes ao dito apoio.

Substitución dos apoios 9X53L10U//70-15 (pasa a ser de tipo PAS) e 9X77FI6T//70-17.

Instalación dun apoio de tipo PAS entre os apoios 9X53L10U//70-15 e 9X77FI6T//70-17.

Liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor tipo LA-110 en dous tramos. O primeiro de 49 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9X4LUOUH//70-4 e final no PAS proxectado 9X53L10U//70-15. O segundo tramo de 58 metros de lonxitude, con orixe no apoio PAS proxectado 70-16-1 e final no apoio proxectado 9X77FI6T//70-17.

Liña de media tensión subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 222 metros de lonxitude, con orixe no apoio PAS proxectado 9X53L1OU//70-15 e final no apoio PAS proxectado 70-16-1.

As instalacións están localizadas no lugar de Pompeán, no concello de Meis (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada reforma da LMTA CBD807 Curro 7, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro; DOG nº 5, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial