Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2020/214-4 modificado).

Expediente: IN407A 2020/214-4 modificado.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS e CTC Pazán (modificado).

Concello: Redondela.

Feitos:

Primeiro. O 23 de novembro de 2020, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da instalación LMTS e CTC Pazán.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na substitución do centro de transformación intemperie Carballino (36A469) de 400 kVA por outro centro de transformación compacto en envolvente prefabricado 2L+1P de 630 kVA que se alimentará en bucle de entrada/saída da liña de media tensión subterránea proxectada da LMT RED709 Portela. Desmóntase un tramo da liña de media tensión aérea RED709/RED710 desde o apoio A4FPQ2GS.

As obras sitúanse en Pazán, en Cesantes, no concello de Redondela (Pontevedra).

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Redondela e a Demarcación de Costas del Estado. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Terceiro. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 15 de decembro de 2020 publicada nos seguintes medios: Diario Oficial de Galicia do 12 de xaneiro de 2021, Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 4 de xaneiro de 2021, o xornal Faro de Vigo do 22 de decembro de 2020 e no taboleiro do Concello de Redondela do 15 de xuño de 2021 ao 17 de xullo de 2021.

Na relación de bens e dereitos afectados facilitada pola empresa promotora figuraba unicamente a parcela 36045A015010660000WL cunha afección de 16,86 m2 para o centro de transformación e 10,80 m2 para a canalización subterránea. O titular desta parcela foi informado da solicitude de declaración de utilidade pública a través do escrito do 15 de decembro de 2020.

Durante o mencionado trámite non se presentaron alegacións.

Cuarto. O 20 de agosto de 2021, esta xefatura territorial outorgou a autorización administrativa, a autorización de construción e a declaración de utilidade pública da instalación LMTS e CTC Pazán no concello de Redondela (expediente IN407A 2020/214-4) que foi publicada o 10 de setembro de 2021 no Diario oficial de Galicia coas seguintes características: LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, de 272 metros de lonxitude, con orixe e final no paso aéreo subterráneo no apoio existente CH 15/1600-CR1-CA/2X, da LMT RED709 Portela, alimentando en bucle ao CTC proxectado, que substitúe ao CT intemperie Carballino. Centro de transformación, a 630 kVA con R.T. 15 kV/400 V, situado en Pazán, Cesantes, concello de Redondela.

Quinto. O 22 de setembro de 2021, UFD achegou un proxecto modificado xa que chegou a un acordo o 16 de agosto de 2021 co propietario da parcela de referencia catastral 36045A015010660000WL, situando o centro de transformación proxectado nunha nova localización na parcela indicada.

Analizado o proxecto, conclúese que non hai cambio nas actuacións propostas con relación ao proxecto inicial. Hai un cambio na situación do centro de transformación dentro da parcela 36045A015010660000WL, o que provoca un novo trazado da liña de media tensión proxectada que pasa a ter unha lonxitude de 230 metros.

Sexto. O 20 de outubro de 2021, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe do proxecto modificado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Redondela, Augas de Galicia, Agencia Española de Seguridad Aérea, Demarcación de Carreteras del Estado e o Instituto de Estudos do Territorio. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado técnico emitido polo Instituto de Estudos do Territorio e Augas de Galicia. Os demais organismos non emitiron informe, entendéndose, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, consonte o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Substitución do centro de transformación Carballino (36A469) por un novo centro de transformación compacto de superficie, de manobra exterior 2L1P de 630 kVA telecontrolado por GPRS/FO e telexestionado en envolvente prefabricada e formigón e relación de transformación de 150.000/400 V.

Desmontaxe de 95 metros do tramo da LMTA RED7091231 en condutor LA-56 e os XS (36HO15) existente ao inicio da derivación ao CT Carballino que se retira.

LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ1, de 230 metros de lonxitude, con orixe e final no paso aéreo subterráneo no apoio existente CH-1600/15 (A4FPQ2GS) do tramo RED7091253 da LMTA existente, alimentando en bucle ao CTC proxectado.

As instalacións están situadas en Pazán, en Cesantes, no concello de Redondela (Pontevedra).

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Deixar sen efecto a Resolución do 20 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2020/214-4).

Segundo. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS e CTC Pazán (modificado), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Terceiro. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarto. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 1 de febreiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020 do 23 de decembro;
DOG núm. 5, art. 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial