Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2022, do Comité Galego de Xustiza Deportiva, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente CGXD 74/2021.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido ou porque, despois de intentar dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

O acto foi adoptado polo Pleno do Comité Galego de Xustiza Deportiva.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar o contido íntegro deste acto no Servizo Xurídico-Deportivo desta secretaría xeral, sita na rúa Madrid, número 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022

Jorge Barros de la Peña
Secretario do Comité Galego de Xustiza Deportiva

ANEXO

Expediente: CGXD 74/2021.

Interesada: Kaite Barros Loureiro.

Acto notificado: providencia de admisión a trámite do expediente CGXD 74/2021.