Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2022 Páx. 13400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, procedemento abreviado 1/2022.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, tramítase o recurso 1/2022 (procedemento abreviado), interposto por Julio García Pérez fronte á Resolución de 5 de novembro de 2021, desestimatoria do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 16 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: condutor/a) (DOG núm. 121, do 28 de xuño).

O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de formación.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos