No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense tramítase o recurso 2/2022-D (procedemento abreviado) interposto por Áurea María Gómez Márquez, contra a estimación parcial do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 10 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación correspondentes ao primeiro proceso de xeración de listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (categoría: facultativa/o especialista de área de Farmacia Hospitalaria) (DOG núm. 168, do 1 de setembro).
A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022
Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos