Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13137

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 947/2019).

Ao non poderse efectuar a notificación no domicilio do propietario por encontrarse ausente, faise pública a resolución de execución de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal, que esta alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para executar a orde de xestión da biomasa vexetal. Faise advertencia de que, en caso de incumprimento desta orde de execución, e de acordo co establecido no número 4 do artigo 136 da Lei 2/2016, a Administración municipal procederá á execución subsidiaria, de acordo co establecido no artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Nº expte

Asunto

Propietario

Ref. catastral - Localización da parcela

947/2019

Orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcela

Hros. María Luisa Lorenzo Rojo

36005A201000700000ML sita no Cruceiro de Santiago-Godos-Caldas de Reis

Recursos. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo, ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

De se interpoñer o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, e entenderase desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal. Daquela os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Caldas de Reis, 2 de febreiro de 2022

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente