Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento BS626F (expediente 15030086516R).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación da resolución do recurso de alzada ditada no procedemento no último domicilio da persoa interesada citada no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázase para ser notificada do dito acto administrativo.

Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer para ter coñecemento do contido íntegro do referido acto e do seu expediente advertíndolle que, de non o facer, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

A persoa interesada poderá comparecer persoal ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Esta resolución pon fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación, practicada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI

Resolución do recurso de alzada

Data da resolución

15030086516R

36044894F

Estimación parcial

14.7.2021