Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS618D (expediente 15017000321E e sete máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non o facer, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor o recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS618D

Nº de expediente

DNI/NIE/pasaporte

Resolución

Data da resolución

15017000321E

32440095K

Denegación

2.11.2021

15019005421E

Y6512695Y

Denegación

9.11.2021

15022000221E

118675851

Desistencia

11.11.2021

15030006021E

32947457A

Desistencia

28.10.2021

15054000821E

X8987933Q

Desistencia

11.11.2021

15072000221E

53480343F

Desistencia

4.11.2021

15078012121E

33282697H

Denegación

10.11.2021

15078012520E

Y0489583L

Revogación

18.11.2021