Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 13097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F, competencia desta xefatura (expediente 15005002021R e cinco máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de documentación ditados no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar, a través deste anuncio emprázanse para seren notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos actos e dos seus expedientes, e advírteselles que, de non o faceren, se entenderá efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, sen teren presentado a documentación, continuará a tramitación dos expedientes sen prexuízo da adopción das medidas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 43 e seguintes da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15005002021R

32780799A

Requirimento de documentación

11.11.2021

15019004020R

X2417987C

Requirimento de documentación

29.10.2021

15030020918R

53534775K

Requirimento de documentación

27.10.2021

15030044819R

32845319P

Requirimento de documentación

28.10.2021

15030067518R

32830861V

Requirimento de documentación

21.10.2021

15075001415R

48480071G

Requirimento de documentación

15.11.2021