Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se lle notifica ao interesado no procedemento SXRH-PD-14/20 a citación para a entrega da resolución.

No procedemento disciplinario tramitado coa referencia SXRH-PD-14/20 nesta consellería, intentouse notificarlle ao interesado a resolución que pon fin ao procedemento. Os intentos de notificación realizáronse no domicilio da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase este anuncio, para que lle sirva de notificación da resolución á persoa interesada.

Cítase a persoa interesada (NIF 33278493T) para o día 3 de marzo de 2022, ás 10.00 horas, no Servizo de Réxime Xurídico e Recursos da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, co obxecto de comparecer nesas dependencias no día e na hora citados para a entrega dunha copia da resolución que puxo fin ao procedemento, coa finalidade de que poida coñecer o contido íntegro desa resolución. O Servizo de Réxime Xurídico e Recursos está situado nas dependencias da Consellería, no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, na cidade de Santiago de Compostela. Na comparecencia, a persoa interesada deberá acreditar a súa identidade ou acreditar a representación por calquera medio válido en dereito se comparece outra persoa en representación da interesada.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe formular directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela (en correspondencia coa sede do órgano que ditou esta resolución), ou no Xulgado do Contencioso-Administrativo correspondente ao domicilio da persoa interesada, nos termos dos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Con carácter previo e potestativo ao recurso contencioso-administrativo, poderase formular recurso de reposición, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os prazos citados comezarán a contar desde o 4 de marzo de 2022, isto é, desde o día seguinte ao fixado neste anuncio para que o interesado poida comparecer nas dependencias da Consellería para coñecer o contido íntegro da resolución do procedemento.

Advírteselle á persoa interesada que, se non presenta recurso en tempo e forma, a resolución será firme.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Referencia do expediente

Data da resolución

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Sanción

33278493T

SXRH-PD-14/20

8.11.2021

Artigo 186.1.l) da Lei galega 2/2015

Artigo 189.a) da Lei galega 2/2015

Suspensión firme de funcións durante oito (8) meses