Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2022 Páx. 12834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións de diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias de prestacións por desemprego (expediente 21-10-2021/2.1.E e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal nos domicilios que constan nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as resolucións do procedemento sancionador, por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselles saber que a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e que poderán interpoñer dentro do prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), reclamación administrativa previa ante esta xefatura territorial, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra a resolución da reclamación administrativa cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, no prazo de dous meses seguintes contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán presentarse ante esta Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, número 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselles ás persoas interesadas de que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 7 de febreiro de 2022

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

1

María Ángeles Freire Rodríguez

21-10-2021/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Lugo

2

Marisol Lozano Dorta

28-10-2021/2.1.D

Resolución procedemento sancionador

Vilalba

3

Isabel Lozano Lozano

09-06-2021/2.1.A

Resolución procedemento sancionador

Lugo

4

Aaron Crispín Díaz

21-10-2021/2.1.A

Resolución procedemento sancionador

Lugo

5

Juan Carlos Sánchez Carmona

30-12-2019/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Sarria