Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 11925

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 188, do 16 de setembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 7 de febreiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 225, do 26 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do terceiro exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:

Apelidos e nome

DNI

Cualificación do 3º exercicio

Díaz-Pavón Sánchez-Tembleque, María del Pilar

***6805**

Apta

Ruiz Genovés, María de las Mercedes

***8455**

Apta

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal