Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 11926

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 224, do 25 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 2 de febreiro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), modificada pola Resolución do 23 de setembro de 2020 (DOG núm. 197, do 29 de setembro) para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do terceiro exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:

Apelidos e nome

DNI

Cualificación 3º exercicio

Abalde González, Jorge Javier

***7081**

Non presentado

Espiña González, Sara

***7191**

Apta

García Coque, María Monserrat

***8298**

Apta

Naya Varela, Fidel

***6508**

Non presentado

Ruiz Genovés, María de las Mercedes

***8455**

Apta

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2022

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal