Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 11923

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 1 de febreiro de 2022, o tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade coa base IV.2, publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuación obtida e con indicación do seu documento nacional de identidade, e propoñer o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

De acordo co previsto na mesma base, as persoas aspirantes disporán de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na citada base, sen prexuízo das exencións a que se refire a base IV.3 respecto da documentación xa presentada con anterioridade por aqueles que xa teñen a condición de persoal funcionario de carreira da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.

Terceiro. Conforme o disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2022

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso
no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos, con indicación
das puntuacións obtidas nos distintos exercicios e o total de puntuación

Orde

Quenda

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

Total

1

Acceso libre

***5608**

Piñeiro Peón, Marta

83.85

93.67

93.15

Exento

270.67

2

Acceso libre

***8585**

López del Olmo, Beatriz

89.58

80.17

96.11

Exento

265.86