Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2022 Páx. 11921

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 10 de febreiro de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

Nas sesións que tiveron lugar os días 9 e 10 de febreiro de 2022, unha vez efectuados a revisión e o estudo dos recursos de alzada presentados contra o segundo exercicio do proceso selectivo, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 pola que se designa o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, modificada pola Resolución do 6 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG do 13 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,

ACORDOU:

Primeiro. Anular os acordos anteriores adoptados por este tribunal sobre o segundo exercicio do proceso selectivo.

Segundo. Respecto ao segundo exercicio do proceso selectivo:

– Anular as preguntas núm. 4, 31, 34, 37 e 44.

– Substituír as preguntas anuladas polas preguntas de reserva cos números 41, 42, 43 e 45.

– Desestimar as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2022

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal