Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio A3M2DE63 na LMT MUR817, no concello de Pontevedra, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/63-4).

A instalación denominada Substitución apoio A3M2DE63 na LMT MUR817, no concello de Pontevedra, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 26 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 7 de abril de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra.

As persoas interesadas recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, e infórmaselles que poderán ir acompañadas por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Vigo, 26 de xaneiro de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co artigo 37.1 do Decreto 230/2020,
do 23 de decembro)
Gema Mouriño de Lucas
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

anexo

Substitución apoio A3M2DE63 na LMT MUR817

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº de apoio

m2 de solo

m2 de servidume
de paso aérea

Concello

1

36900A067003620000QH

Outeiro

Descoñecido

1

1,96

15,35

Pontevedra

2

36900A067004040000QT

A Lagoíña

Descoñecido

0,23

Pontevedra