Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2022 Páx. 11597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 30 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se realiza a publicidade da resolución de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais procedentes dos mananciais Burgas de Arriba número 75.1 e Burgas de Abaixo número 75.2, na piscina termal de uso lúdico das Burgas, no termo municipal de Ourense.

A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 28 de decembro de 2021 a resolución de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais na piscina termal de uso lúdico das Burgas cos seguintes datos:

Solicitante: Concello de Ourense.

Nome dos mananciais e coordenadas: Burgas de Arriba número 75.1 con coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 593.530,20 e Y: 4.687.563,20 e Burgas de Abaixo número 75.2 con coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 593.478,70 e Y: 4.687.550,10, X: 593.479,80 e Y: 4.687.552,20, X: 593.479,20 e Y: 4.687.554,50.

Sección: B.

Recurso: augas termais.

Termo municipal: Ourense.

O que se fai publico de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 30 de decembro de 2021

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe de servizo de Administración Industrial