Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2022 Páx. 10716

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

EXTRACTO da Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B).

BDNS (Identif.): 609356.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/ge/es/convocatorias).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

a) Os concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia (anexo VI).

b) As seguintes persoas titulares propietarias de terreos: comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC).

c) Asociacións e ONG inscritas no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia creado polo Decreto 226/2007, do 22 de novembro.

d) Entidades de custodia do territorio.

2. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades validamente constituídas, debidamente inscritas no rexistro correspondente e con domicilio social en Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta orde é o de establecer as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B) para a concesión de axudas de acordo co anexo IV, Criterios obxectivos de distribución territorial e bases reguladoras para o financiamento de actuacións en reservas da biosfera con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, do Acordo do 9 de xullo de 2021, da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, polo que se aproban os criterios de repartición e a distribución territorial de créditos relativos ao compoñente 4, Conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade.

A finalidade desta orde é promover a conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, o fomento do desenvolvemento sustentable e a mellora do patrimonio cultural nas reservas da biosfera de Galicia.

Estas axudas contribúen á consecución dos obxectivos do PRTR no marco do compoñente 4, investimento 2 e obxectivo 69.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B).

Cuarto. Contía

1. Crédito total da convocatoria: 3.219.172,00 euros. Esta dotación inicial poderase modificar e/ou incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Concederase o 100 % do custo subvencionable, cun importe mínimo para solicitar de 40.000,00 euros/solicitude e máximo 80.000,00 euros/solicitude para concellos (artigo 2, número 1.a), e de entre 10.000,00 e 25.000,00 euros/solicitude para o resto das beneficiarias (artigo 2, números 1.c), 1.b) e 1.d). Admitirase unha solicitude de axuda e un único proxecto por solicitante.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda