Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10338

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

EXTRACTO da Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN308C).

BDNS (Identif.): 609185.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a ) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.hacienda.gob.es/
bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia que conten co título habilitante para o aproveitamento lúdico das augas termais, segundo la Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación dos aproveitamentos lúdicos das augas termais de Galicia, ou que, con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, incoasen o correspondente expediente para a obtención do citado título.

Segundo. Obxecto

Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación dirixidas a entidades locais para fomentar a actividade termal mediante a realización de actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Inclúense no anexo I da Orde do 21 de xaneiro de 2022.

Cuarto. Contía

O crédito destinado para as axudas é de 1.000.000,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2022

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Economía, Empresa e Innovación