Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2022 Páx. 10340

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de setembro a decembro do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2022

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2021

Convenio

Data da sinatura

Importe total

Convenio de cooperación educativa entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG)

29.10.2021

Non ten achega económica

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Mondoñedo para a rehabilitación da praza de abastos

29.10.2021

30.039,09 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o Concello de Noia para a rehabilitación da praza de abastos

20.12.2021

Non ten achega económica