Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 8 de febreiro de 2022 Páx. 9602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2022 pola que se fai pública a resolución do procedemento para a declaración de abandono da embarcación Makai Helsinborg, varada no porto de Celeiro-Viveiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por resultar descoñecido o enderezo do posible propietario do barco segundo os únicos datos de que se dispón, facilitados polo Servizo Marítimo Provincial de Lugo da Garda Civil, Vasilii Toumanyan, con documento de identidade francés, faise pública, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento para a declaración de abandono do barco de nome Makai Helsinborg, con bandeira sueca e matrícula 825003.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A embarcación en cuestión foi remolcada ata o porto de Celeiro pola embarcación de Salvamento Marítimo Salvamar Shaula o pasado 10 de xullo de 2021, tras ser rescatada, sen tripulación a bordo, dunha zona rochosa da costa da Mariña Luguesa, e pola súa situación crítica de seguridade, segundo informou a Capitanía Marítima de Burela, foi varada o 20 de xullo de 2021.

Desde a dita data está varada no porto de Celeiro sen actividade e en estado de abandono, e sen que ningunha persoa física ou xurídica manifestase interese por ela.

Esta resolución emítese con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, unha vez que no Boletín Oficial del Estado número 306, do 23 de decembro de 2021, se fai público o acordo de iniciación, e que, dentro do prazo concedido no trámite de audiencia, nin o suposto propietario nin ningunha outra persoa física ou xurídica que acreditou dereitos e/ou intereses lexítimos sobre a embarcación formulase alegacións ou comparecese no procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG núm. 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque e, de resultar esta fallida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación serán por conta do propietario.

Esta resolución emítea o presidente de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia