No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña tramítase o recurso 286/2021-M (procedemento abreviado), interposto por Trinidad Bello Peteiro fronte á Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 29 de outubro de 2021, desestimatoria do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 20 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico ) (DOG núm. 79, do 28 de abril).
A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2022
Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos