Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 9420

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de delegación de competencias para a xestión, liquidación e recadación voluntaria e executiva, así como a revisión de actos de tributos e outros ingresos de dereito público.

O Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria do 17 de decembro de 2021, aceptou por unanimidade a delegación do exercicio das competencias para a xestión, liquidación e recadación voluntaria e executiva do Concello de Nogueira de Ramuín na Deputación Provincial, así como a revisión de actos de tributos e outros ingresos de dereito público, de conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da la Lei reguladora de facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, publícase o citado acordo nos seguintes termos:

Aceptar a delegación de competencias efectuada polo Concello da Nogueira de Ramuín a favor da Deputación Provincial, mediante acordo plenario do 17 de novembro de 2021, para a xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva, así como a revisión dos actos ditados dos seguintes tributos e ingresos de dereito público:

– Imposto de bens inmobles (IBI).

– Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM).

– Imposto de bens inmobles de características especiais (IBI-BICES).

– Taxa pola entrada e saída de vehículos a través de beirarrúas e espazos públicos (vaos).

Todo isto nas condicións recollidas no acordo de delegación do Concello de Nogueira de Ramuín, en todo caso, serán de aplicación as seguintes condicións xerais:

a) O contido da delegación abranguerá o exercicio de todas as facultades necesarias para a realización da xestión tributaria, liquidación e recadación voluntaria e executiva, e para ditar todos os actos administrativos necesarios para a xestión dos devanditos procedementos, incluída a emisión da providencia de constrinximento e resolución dos recursos administrativos contra os actos de recadación executiva.

b) Para o exercicio da competencia delegada, o Concello debería remitir as oportunas certificacións da relación de debedores dos últimos catro anos para os efectos de poder iniciar a recadación executiva, así como, en relación coas débedas anteriores aos últimos catro anos, certificación de que as débedas non están prescritas, e indicará as diferentes datas de notificación da débeda en executiva, en relación co tributo ou ingreso de dereito público a que se refire.

c) A taxa para satisfacer o Concello pola prestación do servizo de recadación voluntaria será a resultante de aplicar ás cantidades efectivamente recadadas de padróns, liquidacións, altas e outros ingresos non periódicos o tipo de gravame único do 5 %, e a taxa pola prestación do servizo de recadación en período executivo será o 100 % da recarga de constrinximento que debe pagar o debedor tributario, conforme o establecido no artigo 6, alíneas a) e b) da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos de xestión, inspección e recadación da Deputación Provincial de Ourense. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación de tal liquidación na forma prevista no artigo 9 da ordenanza fiscal.

d) A presente delegación entrará en vigor unha vez sexa aceptada pola Deputación Provincial e publicarase no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento. A presente delegación estará vixente por un período de catro anos e prorrogarase tacitamente por períodos iguais de catro anos se ningunha das partes manifesta expresamente a súa vontade en contra, comunicándollo á outra cunha antelación non inferior a 6 meses á súa finalización ou á de calquera dos períodos de prórroga.

Ourense, 23 de decembro de 2021

Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense