Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 7 de febreiro de 2022 Páx. 9419

VI. Anuncios

b) Administración local

Consello Municipal de Deportes de Ourense

ANUNCIO de convocatoria para a cobertura, mediante libre designación, do posto de xefe de administración.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 15, do 20 de xaneiro de 2022, publicáronse integramente as bases e a convocatoria reguladoras do procedemento selectivo para a provisión, mediante libre designación, do posto de xefe de administración do Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, pertencente á escala de administración xeral, subescala técnica/escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, subescalas de secretaría, intervención-tesouraría e secretaría-intervención/escala de administración especial, subescala de servizos especiais, clase de prazas de cometidos especiais, categoría de técnico superior universitario de administración financeira e tributaria/escala de administración especial, subescala técnica, clase superior, categoría de economista municipal, subgrupo A1.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Ourense, 25 de xaneiro de 2022

José Mario Guede Fernández
Presidente do Consello Municipal de Deportes de Ourense