Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 4 de febreiro de 2022 Páx. 7750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de exposición a información pública do expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal no ámbito da Devesa.

O Pleno da Corporación municipal, en sesión ordinaria do día 28 de outubro de 2021, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal, no ámbito da Devesa.

De conformidade co establecido no artigo 18 da Lei 1/2019, do 22 abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co propósito de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste Concello [http://salcedadecaselas.sedelectronica.gal].

Salceda de Caselas, 14 de xaneiro de 2022

Verónica Tourón Domínguez
Alcaldesa