Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 4 de febreiro de 2022 Páx. 7751

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2021.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2021 por esta sociedade.

Titulo

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da sociedade

Addenda núm. 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) para a axuda á construción de tres novas plantas de biorresiduos. Operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Modificación da cláusula 3ª e anexo I do convenio asinado o 26 de xullo de 2021.

10.9.2021

Non supón incremento do convenio inicial. Convenio inicial: 25.000.000,00 €.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) para a axuda á habilitación dunha instalación específica para tratar os residuos sanitarios (tipo II e III). Operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións da axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a Sogama para a xestión e o tratamento previo dos residuos sanitarios afectados pola COVID-19 para a súa valorización enerxética.

12.11.2021

1.087.208,25 €.

Convenio entre a Sociedade Galega do Medio Ambiente S.A. (Sogama) e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC).

Constitúe o obxecto do convenio regular as condicións para o desenvolvemento das prácticas integradas no Programa de formación empresarial FUAC para estudantes e titulados universitarios.

14.11.2021

38.847,24 €.

Addenda núm. 1 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) para a axuda á construción de seis plantas de transferencia de residuos urbanos en Galicia. Operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Modificación das cláusulas 6ª, 8ª e 12ª do convenio asinado o 26 de xullo de 2021.

26.11.2021

Non supón incremento do convenio inicial. Convenio inicial: 5.000.000,00 €.

Convenio de colaboración empresarial entre o Concello de Cerceda e a Sociedade Galega do Medio Ambiente para o desenvolvemento de actividades de interese xeral.

Constitúe o obxecto do convenio a promoción da sustentabilidade ambiental do Concello de Cerceda, así como o desenvolvemento sustentable, tanto no nivel económico como social.

26.11.2021

2.500.000 €.

Cerceda, 13 de xaneiro de 2022

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente