Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 4 de febreiro de 2022 Páx. 7749

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira do corpo da policía local de Bueu pertencente á escala básica, categoría de policía (quenda mobilidade).

Expediente: 3145/2021.

Código SIA: 1428947.

Procedemento: nomeamentos.

Asunto: nomeamento de Xacobe Melón Ballesteros como funcionario de carreira do corpo da policía local de Bueu, pertencente á escala básica, categoría de policía (quenda mobilidade) correspondente á OEP 2018.

Unidade xestora: Secretaría.

Documento: anuncio.

Trámite: publicación do nomeamento como funcionario de carreira do corpo da policía local de Bueu, pertencente á escala básica, categoría de policía (quenda mobilidade), de Xacobe Melón Ballesteros, DNI ***5897**.

No BOPPO núm. 5, do 10.1.2022, publícase anuncio de nomeamento de funcionario de carreira do corpo da policía local de Bueu (quenda mobilidade) correspondente á OPE 2018, de conformidade coa Resolución da Alcaldía núm. 2021-1692, do 17.12.2021.

O que se fai público para os efectos do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Bueu, 12 de xaneiro de 2022

Félix Juncal Novás
Alcalde