BDNS (Identif:): 608487.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os grupos de acción local do sector pesqueiro que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter sido seleccionados pola Consellería do Mar no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020.
b) Ter asinado un convenio de colaboración coa Consellería do Mar para o desenvolvemento dunha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP).
c) Participar nun proxecto de cooperación interterritorial e/ou transnacional.
Segundo. Finalidade
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de axudas para proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dentro da Unión Europea (UE) dos grupos de acción local do sector pesqueiro (en diante, GALP) para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do FEMP 2014-2020 ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (en diante, EDLP), así como convocar as axudas para o ano 2022 de acordo coas bases reguladoras.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155B).
Cuarto. Importe
O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas no exercicio do ano 2022, alcanza o importe de oitenta e dous mil euros euros (82.000,00 €), consignado na seguinte anualidade e partida orzamentaria:
Partida orzamentaria |
Ano 2022 |
15.03.723C.780.1 |
82.000,00 € |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes de axudas poderán ser presentadas no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022
Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar