Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 4 de febreiro de 2022 Páx. 7719

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo aos montes Riazoi, Caseiro, Reboira e da Costa, no concello de Lugo (expediente 23/83).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 20.12.2021, figura o seguinte acordo:

Montes Riazoi, Caseiro, Reboira e da Costa, pertencentes aos veciños da parroquia de San Pedro de Mera, concello de Lugo.

O 5.3.2020 tivo entrada unha copia da Sentenza 520/2019, do 17.12.2019, ditada pola Audiencia Provincial de Lugo. Na súa resolución estima a demanda e declara que o predio descrito no feito primeiro da demanda, denominado Penas Blancas, pertence en plena propiedade á demandante e condena a comunidade do monte veciñal a se ater á dita declaración.

De acordo coa sentenza, o 7.12.2021 o Servizo de Montes emitiu un informe (2020_15) en que se especifican as modificacións resultantes nos montes Riazoi, Caseiro, Reboira e da Costa, que pasan a ter unha superficie de 59,8417 ha. Achégase esbozo da situación actual do monte veciñal afectado pola sentenza.

Examinada a sentenza, o xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela e proceder ás correccións oportunas, coa incorporación do novo esbozo ao expediente.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o devandito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 17 de xaneiro de 2022

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo