Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 4 de febreiro de 2022 Páx. 7721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 8/78 e cinco máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión que tivo lugar o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 20.12.2021, figuran os seguintes acordos:

– Monte Signada (exp. 8/78), pertencente aos veciños de Signada, na parroquia de Mosteiro, concello de Navia de Suarna.

O 13.7.2020 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Tras o requirimento oportuno, a solicitude foi mellorada o 4.8.2021 e 16.8.2021.

O 16.9.2021 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (2020_30) na que a superficie do monte de Signada pasa a ser de 99,35 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– Monte Cadaval, Louseiras e Toxal Novo (exp. 15/98), pertencente aos veciños de Vilaseñor, na parroquia de Vilarente, concello de Abadín.

O 15.9.2020 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Tras o requirimento oportuno, a solicitude foi mellorada o 9.8.2021.

O 1.12.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (2020_42) na que a superficie do monte de Cadaval, Louseiras e Toxal Novo pasa a ser de 12,9508 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– Monte Lamas (exp. 24/76), pertencente aos veciños da parroquia de Lamas, concello de Friol.

O 17.12.2020 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Tras o requirimento oportuno, a solicitude foi mellorada o 12.8.2021.

O 22.9.2021 o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (2020_65) na que a superficie do monte de Lamas pasa a ser de 98,77 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– Monte Bustelo (exp. 39/73), pertencente aos veciños de Bustelo, na parroquia de Negueira, concello de Negueira de Muñiz.

O 17.12.2020 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Tras o requirimento oportuno, a solicitude foi mellorada o 16.7.2021.

O 13.12.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (2020_66) na que a superficie do monte de Bustelo pasa a ser de 243,99 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– Monte Pedriñeira e Costa (exp. 49/75), pertencente aos veciños da parroquia de Vilachá, concello da Pobra do Brollón.

O 12.4.2021 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Tras o requirimento oportuno, a solicitude foi mellorada o 4.8.2021.

O 13.12.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (2021_14) na que a superficie do monte de Pedriñeira e Costa pasa a ser de 607,92 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– Monte Vallo (exp. 10/78), pertencente aos veciños do lugar de Vallo, parroquia de Vallo, concello de Navia de Suarna.

O 14.7.2021 tivo entrada unha solicitude asinada polo presidente da comunidade, para que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega. Tras o requirimento oportuno, a solicitude foi mellorada o 25.11.2021.

O 7.12.2021, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (2021_26) na que a superficie do monte de Vallo pasa a ser de 213,4601 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 17 de xaneiro de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo

ANEXO I

Esbozo revisado do MVMC Signada. Navia de Suarna

missing image file

ANEXO II

Esbozo revisado do MVMC Cadaval, Louseiras e Toxal Novo. Abadín

missing image file
missing image file

ANEXO III

Esbozo revisado do MVMC Lamas. Friol

missing image file

ANEXO IV

Esbozo revisado do MVMC Bustelo. Negueira de Muñiz

missing image file

ANEXO V

Esbozo revisado do MVMC Pedriñeira e Costa. A Pobra do Brollón

missing image file

ANEXO VI

Esbozo revisado do MVMC Vallo. Navia de Suarna

missing image file