Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o formulario para o pagamento voluntario de sanción do expediente sancionador en materia de minas IN635C SANC-MIN 2018/6-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícanselle ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica da Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, situadas na rúa Curros Enríquez número 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 19 de xaneiro de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

CIF empresa

Acto adoptado

Data do acto

IN635C SANC-MIN 2018/6-3

Formulario para o pagamento de sanción

B32283210

Polo xefe territorial

13 de decembro de 2021