Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados por unha instalación industrial (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal), no concello de Culleredo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no lugar de Alvedro, no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias municipais do referido concello, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Entidade beneficiaria: Lots, Land & Rent, S.L. (Grupo Caamaño).

Denominación da instalación: ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no lugar de Alvedro.

Concello: Culleredo.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

17

Berguiños

Descoñecida

18.3.2022

10.30

20

Ponte

Mercedes Ramos Calvete

18.3.2022

11.00