A Consellería de Política Social convocou, para o ano 2021, a través da Orde do 16 de marzo de 2021, as subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (Diario Oficial de Galicia número 61, do 31 de marzo).
O artigo 16 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación da xustificación das axudas concedidas. A data límite para presentar a xustificación estableceuse para o día 8 de novembro de 2021.
Así mesmo, no número 1 do dito artigo 16 da orde determínase a documentación necesaria para a xustificación da axuda concedida en relación coas entidades de acción voluntaria beneficiarias.
Unha vez revisadas as xustificacións presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas e da consecución dos obxectivos previstos no acto de concesión da subvención.
O artigo 16.3 da dita orde indica que, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente para os efectos previstos neste artigo. No dito artigo establécese que a falta de presentación da xustificación no dito prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no dito prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.
Así mesmo, o artigo 14 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da documentación xustificativa da axuda concedida emitido polo órgano administrativo competente para a instrución do procedemento con data do 20 de xaneiro de 2022, coa relación de entidades beneficiarias requiridas para emendaren as xustificacións que non estean debidamente completadas e/ou presentaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura no anexo.
Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación do dito acto de requirimento a través desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no dito anexo. De non o faceren, de conformidade co artigo 16.3 da orde; co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades que correspondan.
Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das xustificacións, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.
Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2022
Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
ANEXO
Requirimento de emenda da documentación xustificativa
das axudas concedidas (código de procedemento BS508B)
1. Relación de entidades de acción voluntaria e documentación requirida:
Nº de exp. |
Solicitante |
NIF da entidade |
Documentación requirida |
BS508B 2021/008 |
Asociación Socioeducativa para la Educación, Aseduc |
G70067830 |
– Presentar pólizas dos seguros de accidentes e responsabilidade civil – Memoria económica (art. 16.1.b): completar acorde co anexo III |
BS508B 2021/012 |
Asociación Ecologista y Pacifista Arco Iris |
G15151574 |
– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1) |
BS508B 2021/015 |
Asociación de Viudas María Andrea de Ourense |
G32014334 |
– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1) |
BS508B 2021/045 |
Aspronaga, Asociación pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia |
G15028855 |
– TC2/RNT de outubro |
BS508B 2021/052 |
Asociación Mirabal |
G70312954 |
– Presentar os xustificantes de pagamento do seguro de accidentes para acreditar a cobertura durante toda a execución do proxecto (art. 16.1.d.3º) |
BS508B 2021/054 |
Agrupación Xuvenil, Sociocultural, Recreativa y Deportiva Brigantium |
G15404403 |
– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1) |
BS508B 2021/071 |
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega |
G15044811 |
– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade (art. 9.1.a) |
BS508B 2021/080 |
Asociación Montes e Vales Orientais |
G27389139 |
– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1) |
BS508B 2021/081 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños y otras Demencias, Afaber |
G15821572 |
– Anexo III: gasto total acorde co anexo II |
BS508B 2021/093 |
Asociación O Son do Pobo |
G94017704 |
– Anexo III: corrixir acorde cos xustificantes dos gastos presentados |
BS508B 2021/107 |
Asociación Participa para la Inclusión Social |
G15870173 |
– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1) |
BS508B 2021/120 |
Asociación Española contra el Cáncer (AECC)/Junta Provincial de Ourense |
G28197564 |
– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1) |
BS508B 2021/125 |
Fundación Educativa e Social Dignidade |
G27473677 |
– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1) |
BS508B 2021/137 |
Escola Deportiva Santiago |
G70301379 |
– Xustificación da axuda concedida (art. 16.1) |
2. Data do acto de requirimento da emenda da documentación: 20 de xaneiro de 2022.
3. Órgano competente: Servizo de Voluntariado e Participación.
4. Prazo de emenda da xustificación: dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto de requirimento no Diario Oficial de Galicia (DOG), para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos que se enumeran conforme se establece na orde de convocatoria. De non o faceren, de conformidade co artigo 16.3 da orde; co artigo 28.10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades que correspondan.