Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 6028

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

BDNS (Identif.): 607773.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que estea cursando durante o curso 2021/22, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2022.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 1.020.811,80 euros.

Nº de prazas: 525.

Importe individual: a contía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionado ou seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados na táboa seguinte e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar:

Achega das familias (€)

Modalidade

Duración

Réxime de

aloxamento

Nº de prazas

Reparto das prazas por grupos

Custo por praza (€)

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

2º Bach.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

32

24

16

8

2.950,00

375,00

670,00

1.180,00

1.475,00

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

36

27

18

9

2.244,55

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

6

4

3

2

2.244,55

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

2.000,13

254,00

454,00

800,00

1.000,00

1º Bach.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

150

60

45

30

15

2.244,55

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

135

54

40

27

14

2.950,00

375,00

670,00

1.180,00

1.475,00

Inglés en Canadá-Integración

4 semanas

Familia

30

12

9

6

3

3.367,00

428,00

764,00

1.347,00

1.684,00

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

6

4

3

2

2.244,55

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

2.000,13

254,00

454,00

800,00

1.000,00

Total prazas:

525

210

155

105

55

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade