Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2022 Páx. 5495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 12 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Cenlle, provincia de Ourense.

Mediante a Resolución do 13 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/84-3), a cal foi publicada no DOG do 27 de setembro de 2021, con corrección de erros no DOG do 14 de outubro de 2021, ao mesmo tempo que se realizou a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 12 de xaneiro de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2021/84-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBT Esposende II.

Termo municipal: Cenlle.

Predio núm.: 22.

Lugar: O Palomar.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido (herdeiros de María Isabel Sánchez Pardo).

Afección: superficie 2 m2 de ocupación para o apoio núm. 63-13-11.

Servidume de voo: 34 m, que representan 651 m2 de superficie afectada.

Predio núm.: 29.

Lugar: Carballeira.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido (herdeiros de Isabel Soto Beloso).

Afección: servidume de voo: 4 m, que representan 50 m2 de superficie afectada.