Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2022 Páx. 5497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete ao trámite de información pública a modificación do Plan de xestión das augas salmoneiras do río Ulla, mediante a que se modifican os coutos do Deza e o de Carboeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño), a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra somete a información pública o expediente para a modificación do Plan de xestión da augas salmoneiras do río Ulla mediante cambios realizados nos coutos de pesca de Carboeiro e do Deza, durante un prazo de 15 días.

O expediente está á disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Servizo de Patrimonio Natural, na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 2º, 36003 Pontevedra, ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sección de pesca fluvial:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Pesca_fluvial/seccion.html

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2022

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra