Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2022 Páx. 5493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no Concello de Cambre (expediente IN407A 2021/170-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Discefa, S.L.U.

Domicilio social: rúa Marcondi, 5-11, 15650 Cambre.

Denominación: proxecto de nova instalación de LSMT, CS e CTC superficie 1×400 kVA/15 kV para industria de conxelado de polbo, en Cambre (A Coruña).

Situación: rúa Isaac Peral, 6, 15650 Cambre.

Características técnicas:

Liña de alta tensión con inicio e fin na liña de distribución SCM706, no tramo comprendido entre 15CHB4 e 15CTG1, logo de entrar e saír no CS proxectado. Condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al, 40 m de lonxitude.

Centro de seccionamento en edificio prefabricado cunha cela compacta de SF6 3L 2TC GPRS + CMPF TT SSAA con tres celas con interruptor-seccionador con telecontrol, e unha cela para SSAA con elementos de protección (24 kV, 400 A, 16 kA) e transformador de 300 VA con relación de transformación 15-20 kV/230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal na que puidera incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 28 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña