Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2022 Páx. 3729

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante APLU) no terceiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución, tendo en conta que os convenios de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística entran en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO

Título do convenio

Obxecto do convenio

Importe económico

Data de sinatura

Entrada en vigor

Modificación Convenio Adhesión APLU-Concello de Nogueira de Ramuín para ampliación delegación competencias

Modificación Convenio Adhesión APLU-Concello de Nogueira de Ramuín para ampliación delegación competencias

Concello Nogueira de Ramuín: 10 % das multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal en exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano

26.10.2021

6.11.2021

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística