Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 21 de xaneiro de 2022 Páx. 3728

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 14 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

Advertidas omisións na referida resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 184, do 23 de setembro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 46726, entre as filas dous e tres da táboa recollida nesa páxina, debe incorporarse unha nova fila co seguinte texto:

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Campo Lameiro para o saneamento no núcleo de Reboredo, concello de Campo Lameiro (Pontevedra), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Campo Lameiro que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento no núcleo de Reboredo, concello de Campo Lameiro (Pontevedra), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

400.000,00 €

13.7.2021

E na páxina 46726, entre as filas catro e cinco da táboa recollida nesa páxina, debe incorporarse unha nova fila co seguinte texto:

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Coirós para o saneamento das parroquias da Agra-Figueiras, Colantres e lugar de Queirís, Coirós (A Coruña), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Coirós que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no saneamento das parroquias da Agra-Figueiras, Colantres e lugar de Queirís, Coirós (A Coruña), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento.

850.000,00 €

29.7.2021