Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Ampliación de potencia CT Bemil, no concello de Caldas de Reis, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/182-4).

A instalación denominada Ampliación de potencia CT Bemil, no concello de Caldas de Reis, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 1 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, da cal é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 5 de abril de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Caldas de Reis.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nas súas lerias e informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 29 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Ampliación de potencia CT Bemil

Referencia catastral

Paraxe

Nome e apelidos

Nº apoio

m2 solo

1

36005A058001860000TA

Bouzas

Descoñecido

1

0,73

2

36005A058001850000TW

Bouzas

Descoñecido

1

6,385

3

36005A058001840000TH

Bouzas

Descoñecido

1

6,865