Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2021/258-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS e substitución do CT Carneiras.

Situación: Vigo.

Características técnicas: retirada da liña LMTA BAL701 Valadares entre os centros de transformación Beirán e Carneiras. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor tipo RHZ1 de 728 metros de lonxitude con orixe no CT Beirán e final no apoio HV-1000/15 existente, realizando entrada e saída no CT proxectado. Retirada do CT Carneiras (36C492), que se substitúe por un centro de transformación telecontrolado GSM/GPRS/FO 2L1P en envolvente prefabricada de formigón de manobra exterior, con potencia de 250 kVA e relación de transformación 15.000/400 V. As instalacións están situadas no camiño dos Carrazóns, na rúa de Manuel Cominges, na avenida de Castrelos, na rúa de Ramiro Pascula, na rúa Macal, nas parroquias de Matamá e Beade, no concello de Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/258-4.

Denominación: LMTS e substitución do CT Carneiras.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Pasales-Castrelos

Urbana

3118702NG2731N0001GL

Daniel González Villar

(presidente da comunidade de veciños)

CT

26