Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 20 de xaneiro de 2022 Páx. 3489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) de ampliación a San Acisclo número 4076, situada no termo municipal de Muras, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) de ampliación a San Acisclo núm. 4076, situada no termo municipal de Muras, na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración se atopan dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e no portal web da devandita consellería
(https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 7 de xaneiro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo