Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2022 Páx. 2358

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2022 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza na categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil español para estranxeiros, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 4 de xuño de 2021 (DOG do 21 de xuño e BOE do 20 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza na categoría profesional técnico/a superior de linguas modernas, perfil español para estranxeiros, grupo I, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 15 de novembro de 2021 (DOG do 25 de novembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte ao establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 10 de febreiro de 2022 ás 11.00 horas, na Sala de Xuntas do Centro de Linguas Modernas (avenida das Ciencias 7, 1º, Vivendas dos Catedráticos), Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios efectuarase polo tribunal, nos locais onde se realizara a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela