Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2022 Páx. 2360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a modificación da autorización e o Plan de restauración da explotación de recursos da sección A) denominada Os Boedos número 232, situada no termo municipal de Begonte, na provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública a modificación da autorización e o Plan de restauración da explotación de recursos da sección A) denominada Os Boedos número 232, situada no termo municipal de Begonte, na provincia de Lugo.

O que se fai público para facer constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o Plan de restauración e a documentación anexa estarán dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e no portal web da devandita consellería (https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras).

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 3 de decembro de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo