Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 18 de xaneiro de 2022 Páx. 2211

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2022 (código de procedemento CT110A).

BDNS (Identif.): 604306.

Advertidos erros no dito extracto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 6, do 11 de xaneiro de 2022, é necesario facer as seguintes correccións:

No artigo Primeiro.3 Beneficiarios, na paxina 799, onde di: «Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos doce (12) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia», debe dicir: «Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período igual ou superior aos doce (12) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia».

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade